Román Rodríguez califica o xacemento de Areoso como un dos máis importantes

    A ILLA> O conselleiro de Educación, Cultura e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, trasladouse esta mañá ata o illote de Areoso na Illa de Arousa, onde visitou os traballos que se están a realizar no xacemento arqueolóxico que alí se sitúa. Rodríguez afirmou que este “é un dos xacementos máis importantes de Galicia”. O conselleiro de Educación, Cultura e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, visitou este mércores o illote de Areoso na Illa de Arousa, para comprobar os traballos arqueolóxicos que se están a desenvolver, neste privilexiado entorno. Uns traballos que comezaron o pasado 17 de xullo e que rematarán segundo as previsións o próximo mes de setembro. Unhas escavacións que se está a levar a cabo na mámoa de maior tamaño. Rodríguez definiu este espazo como un dos mellores xacementos da comunidade. Dende o ano 1988 tense constancia da existencia de estes restos. Na actualidade coñecense un total de 5 monumentos megalíticos, 5 estruturas tipo cista, así como abundantes indicios de ocupación durante o Neolítico e a Idade de Bronce. Sen dúbida uns traballos que arroxaran un pouco de luz sobre a historia pasada, que a bo seguro, valerá para aprender no presente.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí