Mar finaliza a revisión de parques en Carril con 1.168 títulos definitivos

    VILAGARCÍA>

     

    O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o decreto polo que se dá por rematada a revisión dos parques de cultivo de moluscos en Carril, e se conceden 1.168 títulos definitivos ós titulares de concesións provisionais. A consellería do Mar considera regulada así a situación de 1.280 parques, mentres que as parcelas restantes quedan declaradas vacantes. No caso destas vacantes, o decreto establece o regulamento polo que se rexerá o outorgamento de concesión para a súa explotacións. Serán outorgadas pola consellería do Mar en réxime de concesión de actividade para o exercicio de acuicultura na zona marítimo terrestre. O decreto publicado hoxe entrará en vigor no prazo dun mes a contar desde hoxe.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí