Dorgambide será o novo edil de Seguridade Cidadá

    fole copia.jpg VILAGARCÍA> O anterior titular desta carteira, Manuel Tarrío, pasará a encargarse de Comercio, Turismo e Industria, atribucións que viña exercendo o alcalde Tomás Fole.

    {flowplayer}images/salnes/adiantoINTRO_TOTAL_DORGAMBIDE.flv{/flowplayer}

    O xa número un de IVIL, Ángel Benito Pérez Dorgambide, tomou posesión da súa acta como concelleiro durante a última sesión plenaria do ano. Será o próximo edil de Seguridade Cidadá en virtude do pacto de goberno subscrito en outubro entre independentes e Partido Popular. O ata agora titular desta carteira, Manuel Tarrío, pasará a ocuparse de Comercio, Turismo e Industria, áreas que viña xestionando o alcalde Tomás Fole.

    Segundo o rexedor, o acordo precipitouse pola polémica xurdida estes días nos medios de comunicación, pero asegura que en ningún momento perigou o acordo de goberno. Fole puntualizou que en todo momento se seguíu a folla de ruta marcada en outubro, cando IVIL e Partido Popular acordaron fusionarse e actuar como un único grupo na corporación, aínda que formalmente se manteña a distinción entre as dúas formacións. Ese acordo, que lle garantía un posto no Senado ó antigo concelleiro de IVIL José Luis Rivera Mallo, supolía a unidade de criterio, acción e voto no novo goberno. Por iso di Fole que en ningún momento viu perigar a maioría do grupo de goberno. Pero recoñece que a negociación das funcións que ía ocupar Dorgambide no executivo se precipitou pola polémica xurdida nos medios de comunicación. Porque non é o usual, di Fole, que se adxudique unha carteira antes de ter a acta de concelleiro.

    O rexedor admitiu que a negociación foi intensa e que Dorgambide reclamou en todo momento a carteira completa de Seguridade Cidadá, que comprende Policía Local, Emerxencias, e Protección Civil, e non só a xestión da agrupación de voluntarios como parece que lle ofrecía. Fole explica que cederon por entender que así a coordinación da concellería será máis eficiente.

    Redacción Salnés