SALNES> Os comerciantes do Salnés poñen en marcha unha nova campaña de nadal con 10.500 euros en vales compra. Son 2.000 euros máis que na pasada edición. Entrarán no sorteo todas aquelas persoas que fagan as súas compras nun dos comercios adheridos dos diferentes concellos ata o vindeiro 13 de xaneiro. O premio especial é de 1.100 euros.
Os comerciantes do Salnés regresan este nadal cunha nova campaña para premiar aos seus clientes. A boa acollida do sorteo de nadal, leva a asociación a aumentar os seus premios e a destinar nesta ocasión 10.500 euros en vales compra.
O premio principal será de 1.100 euros en vales compra, dos cales, o agraciado deberá gastar 100 euros en cada un dos concellos asociados, co resto poderá mercar con total liberdade. Ademais haberá outros 75 premios de entre 50 e 1.000 euros. Esta chuvia de premios é agasallo para os clientes que axuda aos comercios a aumentar as súas vendas.
A campaña conta co apoio dalgúns dos concellos como é o caso do da Illa de Arousa e con empresas privadas como Abanca.
A campaña estará aberta dende o 1 de decembro ata o día 13 de xaneiro ao medio día. O sorteo terá lugar o sábado 14.