Interceptan en Muros un barco cun cargamento de xarda ilegal

xarda.jpg MUROS> Trátase de máis de 20 toneladas de peixe que chegaron ó peirao muradano a bordo do buque ‘Baleiro Primero’, con base en Ribeira.

En plena polémica polo peche da pesca da xarda ordenado polo Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño por superar os cupos de capturas para este primeiro semestre do ano, axentes do Servizo Marítimo da Garda Civil de A Coruña xunto á Secretaría Xeral de Pesca Marítima, interceptaron na noite de venres unha partida de máis de 20 toneladas de xarda nas adegas do ‘Baleiro Primero’.

O arrastreiro pertence á firma ‘Baleiro Pesca’, con domicilio fiscal en Boiro, e atopábase atracado no porto de Muros a pesar de ter a súa sé no de Ribeira. O achado produciuse durante unha das inspeccións rutineiras que se realizan nos peiraos e rulas galegas como parte do PACIAP, o Programa Anual de Control Integral de Actividades Pesqueiras.

Trala descuberta do cargamento de peixe, os inspectores levantaron a correspondente acta de infracción. Queda agora pendente determinar o destino deses máis de 20.000 quilos de xarda que, segundo parece, pretendían ser introducidos en Galicia de xeito ilegal.

Redacción Salnés