Cea-baile para homenaxear ás mulleres traballadoras

    CATALINA.jpg SANXENXO> A alcaldesa, Catalina González, foi a encargada de presidir este evento co que rematan os actos conmemorativos do 8 de marzo.

    Preto dun cento de mulleres participaron onte na cea-baile organizada polo concello de Sanxenxo para celebrar o Día Internacional da Muller. A alcaldesa Catalina González foi a encargada de presidir o convite, no que tamén estiveron presentes outras concelleiras do grupo de goberno, como Paz Lago, edil de Cultura e Educación, ou Almudena Aguín, de Turismo.

    O restaurante La Bocana foi o lugar escollido para celebrar esta xuntanza. O menú que degustaron, do máis variado, desde aperitivos como croquetas ou chupito de langostinos, ata salpicón de marisco, vieiras á galega, ou tenreira mechada.

    Con esta cea o concello pechou por este ano os actos conmemorativos do 8 de marzo, unhas celebracións que comezaban o propio martes coa inauguración dunha mostra de fotografía sobre a vida e obra da escritora Emilia Pardo Bazán no Pazo que leva o seu nome, xunto a un concerto da Banda de Música Municipal.

    Sesión de spa

    Como complemento a estas actividades, desde o Centro de Información á Muller de Sanxenxo puxeron en marcha unha nova edición do programa ‘Porque o merezo’. A iniciativa consistiu no reparto de 384 bonos de spa para gozar no Hotel Oca-Galatea de Paxariñas. Os bonos poderán canxearse ó longo deste ano, e por un prezo de 13 euros, as usuarias gozarán dunha sesión de masaxe e peeling facial, terán acceso á piscina climatizada, ó jacuzzi, haman e á sauna.

    Redacción Salnés