![]()
NOIA> Os veciños do barrio de San Lázaro denuncian o deterioro que provocan os actos vandálicos na zona.
{flowplayer}barbanza/deficienciassanlazaro.flv{/flowplayer}
Malia que se trata dunha zona moi céntrica, os veciños denuncian o abandono que está a sufrir o barrio de San Lázaro.
A acción dos vándalos que deixan a súa pegada en forma de pintadas crea unha imaxe negativa do contorno. Aínda que o máis grave para os residentes son os danos ocasionados no mobiliario urbano, especialmente nos bancos emprazados no paseo.
Risco de accidentes
O mal estado do firme e a presenza de fochancas nas beirarrúas tamén alarma ós veciños que denuncian os riscos de caídas.
Os afectados piden ó concello que proceda á reparación dos desperfectos e apelan á colaboración cidadá para frear os actos vandálicos.
Redacción Barbanza










