Piden 4 anos de cadea para o ex-secretario da Confraría portonovesa

    PORTONOVO> O Ministerio Fiscal ven de solicitar catro anos de prisión, 8 de inhabilitación e unha indemnización de 166.000 euros ó que fora secretario…

    {flowplayer}images/salnes/fraude_confraria_portonovo.flv{/flowplayer}

    … da Confraría de Portonovo, Joaquín Dominguez Bea. Os feitos que derivaron nesta situación remóntanse a antes do 2005; cando a directiva portonovesa detectou irregularidades nas follas contables da entidade.

    Con esta auditoría constatouse como faltan uns 137.000 euros das arcas da Confraría e tódolos indicios sobre malversación apuntaban a Joaquín Domínguez; un profesional que traballa arestora na Confraría de Marín, e tamén é coñecido por ter sido Presidente da Federación Galega de Piragüismo.

    Desde a Federación Provincial de Pontevedra non ocultaron a incomodidade que supón que acontezan este tipo de casos nas contas de varios pósitos da contorno; polo clima de desconfianza que pode xerar entre os socios. A eles é a quen lles recomenda que exerzan o seu dereito á fiscalizar o que se fai cas súas achegas. A

    s dilixencias previas estanse a desenvolver estes días; e nelas aínda non se pediu á declaración ó Patrón Maior Portonovés, Joselito Gómez; nin hai data fixada para o xuízo oral, que será instruído polo titular do xulgado número 2 de Cambados, Juan Carlos Carballal.

    Redacción Salnés