A crise reduce as aportacións a Cruz Vermella

    asembleacruzvermellaboiro.jpgBOIRO> A Asemblea Local da Cruz Vermella presentou o balance de contas e a memoria de actividades correspondentes ó ano pasado ano 2010.

    {flowplayer}barbanza/asembleacruzvermellaboiro.flv{/flowplayer}

    Un bo número de persoas asistiron esta pasada fin de semana na casa de cultura de Boiro ó acto institucional organizado pola asemblea local da cruz vermella que sirve ademais de memoria-resumo das actividades realizadas ó longo do pasado ano 2010. No acto que estivo presidido polo presidente da entidade, Leopoldo Vaamonde, acompañado da coordinadora provincial de Cruz Vermella, Anabel Vidal, e o alcalde de Boiro, Xosé Deira, deuse a coñecer tamén o balance de contas durante ese mesmo período. Os ingresos procedentes dos convenios coas distintas administracións, venta de lotería, así como aportacións de socios e donativos sumaron un total de 119 mil euros fronte ós 122 mil que supuxeron os gastos de persoal, formación e material, o que supón un saldo negativo de aproximadamente 2.900 euros.

    A pesar do resultado económico negativo o balance de actividades é do máis satisfactorio nos cinco plans de intervencións que desenvolve a Cruz Vermella en Boiro: voluntariado, socorros e emerxencias, xuventude, formación e intervención social no que as cifras de beneficiarios total se situou nas 6.444 persoas.

    Homenaxe póstuma

    Aproveitouse tamén o acto para renderlle unha emotiva homenaxe ó doutor Miguel Ángel Pérez, vicepresidente da entidade, falecido hai menos dun ano.

    Redacción Barbanza