Rianxo en Común facilita o acceso ás tarefas escolares ó alumnado do municipio

RIANXO> Rianxo en Común puxo en marcha un servizo de impresión de tarefas escolares. Vai dirixidas a aquelas familias con dificultades para acceder ás plataformas das que dispoñen os centros educativos para facer chegar as tarefas ó alumnado durante o confinamento.

Trátase dun servizo gratuíto que xa funciona a pleno rendemento. As familias con dificultades para acceder ós materiais que proporcionan os centros educativos poden beneficiarse deste servizo que inclúe ademais a entrega  domicilio.

O éxito está a ser tal que varios mestres optqron por enviar directamente as tarefas ó correo da agrupación que se encarga de imprimilas e distribuílas.

Os interesados en coñecer máis a fondo esta e outras iniciativas de Rianxo en Común poden seguilos a través das súas redes sociais onde colgan información actualizada sobre as accións a desenvolver.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí