O BNG da Pobra volve reclamar melloras na urbanización O Lagar

POBRA> Para os nacionalistas trátase dunha zona  do Concello na que se concentra unha numerosa poboación e que está totalmente abandonada. A pesar de terllo solicitado en máis dunha ocasión, o executivo segue sen darlle solución.

Nas beirarrúas atopamos baldosas rotas  e soltas, o que supón un grave perigo para as persoas que transitan por elas; o pavimento das rúas presenta numerosos baches e socavóns e apenas se conta coa accesibilidade necesaria. Estas son algunhas das carencias que presenta en xeral a urbanización O Lagar, e que agora o BNG volve a denunciar para que o executivo tome cartas no asunto e trata de arranxalas.

Os nacionalistas pídenlle ademais ó equipo de goberno que implante nesta urbanización, dada a súa morfoloxía e carácter residencial, unha zona 30.

4 COMENTÁRIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí