O derbi das necesidades dalle a vitoria ó Ribadumia

fotoribercopia.jpg RIBADUMIA> Moi importantes eran os tres puntos que estaban en xogo entre dous rivais directos. Finalmente foron os de Ramiro Sorbet os que acadaron a vitoria por 3 goles a 1.

{flowplayer}images/salnes/ResumoDerbi_14032011.flv{/flowplayer}

O derbi das necesidades que enfontaba onte a Ribadumia e Arousa saldouse finalmente con 3 puntos para os locais que lograron así saír dos postos de descenso. O primeiro gol chegou no minuto 30. Rober puxo un centro dende a dereita para Ramón que estaba no punto xusto e bateu a Solla sen que o gardameta pudiera facer nada. O Arousa non apenas era quen de chegar á portería rival e o Ribadumia íase crecendo cada vez máis ata que chegou o segundo. Manu aproveitou un saque de falta dende o lateral esquerdo para bater de novo a Solla. Aínda que nese momento parecía que o partido rematara, tralo descanso as cousas cambiaron bastante. O Arousa pareceu espertar e saíu na reanudación buscando a remontada. Josiño foi o encargado de facer soñar ós visitantes, poñendo o 2 a 1. Era o minuto 68, o canteirán sacouse da manga esta xogada deixando atrás á defensa para bater a Moncho. O Arousa comezou entón a pensar tímidamente na remontada, pero a medida que pasaban os minutos facíase cada vez máis complicado. O resto dos seus intentos volveron a ser pobres e as contras dos locais facían ver cada vez máis preto o terceiro. Ata que chegou. Tras este saque de falta de Lozano, Álex creou esta magnífica ocasión e apoiado por Rober puxo o 3 a 1 no marcador mandando este balón á rede rozando o pao. Tres puntos importantísimos que quedan na Senra no día da celebración do 50 aniversario do Ribadumia.

Redacción Salnés