Ex directivos do Arosa reivindican A Lomba ‘en exclusiva’ para o club

22

VILAGARCÍA> A disputa que manteñen o Arosa e a Fundación de Deportes de Vilagarcía acaba de desembocar na creación dunha comisión coa única finalidade de apoiar á directiva do club. Está composta por ex directivos da entidade. Todos reclaman a hexemonía do Arosa como principal club da cidade, polo que piden que teña uso prioritario das instalacións da Lomba e se encargue das labores de mantemento do campo. Para os ex directivos do Arosa resulta incomprensible que o principal clube da cidade, como definen ó Arosa, teña que andar de empréstito noutros campos por estar o seu en malas condicións. Agradecen os ofrecementos realizados por outros clubs deportivos da cidade para que adestren nas súas instalacións. Pero para estes arousistas, non é o axeitado. De aí que constituíran unha comisión de apoio á actual directiva con dous obxectivos claros: axudar ó equipo de Manuel Abalo a conseguir ese uso prioritario da Lomba, e tamén ser eles os que se encarguen do mantemento do campo. Porque o céspede, din non é a herba dun xardín. Esta comisión agarda que a Fundación admita a proposta presentada xa a semana pasada pola directiva do Arosa e que substitúa ó convenio que se asinara do 2005. Un acordo que é o vixente pero, segundo este grupo de ex directivos, ten dubidosa legalidade. A comisión recoñece que unha vez solucionado a fronte aberta entre Arosa e Fundación de Deportes disolverase. Intégrana Javier Bouzada, Martín Abalo, Ramón Fungueiriño, Felipe Suárez, Víctor Méndez, Mingos Rodríguez, José Luis Sanz e Maximino Lojo. Polo momento, bota ó aire as súas consideracións, e conclúen que é ‘necesario’ que o Arosa ‘centre toda a actividade deportiva da entidade nun mesmo recinto’, cuestionando a proliferación de clubs e os apoios que reciben. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/02febreiro/25/comisionarosa.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/02febreiro/25/EXDIRECTIVOS_AROSA.mp4{/flowplayer}

COMPARTIR