Portos de Galicia realizará diversas melloras no peirao de Palmeira

    RIBEIRA> A Consellería do Mar, a través do ente Portos de Galicia, investirá preto de dez mil euros na reparación dos pantaláns e da pasarela para as embarcacións do sector profesional do porto de Palmeira, en Ribeira. Tamén se reparará a baliza vermella do porto que resultou danada tralos últimos temporais. As obras foron anunciadas polo propio presidente do ente autonómico, José Juan Durán, durante unha visita realizada a zona, na que estivo acompañado polo patrón maior da confraría, Miguel Franco. Este último aproveitou tamén a visita para trasladarlle ó presidente de Portos outras deficiencias existentes no peirao como é o caso da rampla de varada, a necesidade de revisar algúns proxectores do sistema de alumeado portuario e o pintado de varandas de protección, entre outras.