![]()
BOIRO > O voceiro do PSOE boirés argumenta esta solicitude na súa ubicación estratéxica.
A polémica xurdida hai varios anos pola decisión do Ministerio de Xustiza de segrega-lo actual rexistro da propiedade de Noia, poñendo en marcha un novo servizo no Barbanza, que enfrontou ós concellos de Boiro e Ribeira, pola súa posible ubicación, pode volver saltar á palestra. Esta mañá o voceiro do grupo municipal socialista de Boiro, Xoán Xesús Ares, acompañado do parlamentario desta formacion política, Xosé Manuel Lage, reclamaron a apertura dunha oficina do rexistro da propiedade nesta localidade.
{flowplayer}barbanza/rexistropropiedadeboiro.flv{/flowplayer}
Centro neurálxico
Lonxe de entrar en polémicas o voceiro do PSOE boirés, Xoán Xesús Ares, fixo alusión a un informe realizado hai varios anos polo propio Ministerio de Xustiza no que se sinalaba a este concello coma o municipio da comarca no que se rexistraba un maior tráfico mercantil. Ares considera ademais que Boiro, pola súa ubicación estratéxica, no centro do Barbanza debería se-lo lugar escollido. O portavoz socialista de Boiro fixo estas declaracións despois do encontro mantido hai uns días co conselleiro da Presidencia, Xosé Luis Méndez Romeu, no que lle solicitou a súa intermediación co Goberno central para a apertura dunha oficina do rexistro da propiedade en Boiro.
Mellora servizos
O deputado socialista, Xosé Manuel Lage, sinalou tamén que o feito da consecución dun rexistro da propiedade para Boiro, como xa estaba previsto, non ten porque significa-la paralización da oficina de Ribeira.
Redacción Barbanza









