O Liceo Casino imponse no derbi ó Establecimientos Otero

SALNÉS> Esta xornada deixounos un derbi en Primeira Nacional entre Liceo Casino e Establecimientos Otero. A victoria foi para os vilagarciáns por un axustado 4-3 o que lles permite soñar con xogar a fase de ascenso.

Liceo Casino e Establecimientos Otero medíronse esta xornada nun dos derbis máis disputados dos últimos tempos. Os locais xogábanse manterse con opcións de estar na fase de ascenso, mentres que os cambadeses precisaban a victoria para acceder á segunda fase cun bo balance de triunfos. Finalmente o partido caeu do lado dos vilagarciáns que impuxéronse por 4-3.

Con Kazeem Ahmed e Sergei Nigeruk gañando comodamente os seus partidos, a balanza desnivelouse cos secundarios, sobre todo coa victoria de Francisco Monroy por 2-3 ante Fernando Padín. Iso sí, o encontro non se deicdíu ata o enfrontamento de dobres no que Nigeruk e Monroy gañaron 3-1 a Vidal e Ahmed. Esta derrota deixa ó Establecimientos Otero segundo na xeral, sen ningún partido pendente e cun balance de victorias-derrotas que non lles permite ser moi optimistas de cara ó ascenso. O Liceo é agora cuarto, ocupa o derradeiro posto que dá dereito a xogar a fase de ascenso. Esa posición terana que defender na derradeira xornada ante a ameaza do quinto clasificado, o Oviedo, que conta co mesmo balance de resultados que os vilagarciáns, se ben os asturianos teñen que enfrontarse na derradeira xornada ó intratable líder Monteporreiro, mentres que o Liceo Casino recibirá ó terceiro na táboa, o Torrelavega.

En Segunda Nacional, o Grupo Barros nada puido facer ante o Galmedica Ourense co que caeu por 0-6 mentres que o Joyería Enrique cedeu por 1-5 ante o Monteporreiro. Na categoria femenina o Viaxes Otero gañou por 3-2 ó San Xoan de Ferrol.

A xornada completouse coa victoria en Primeira Galega do Chinelas sobre o Mercantil de Vigo por 6-1 e coa derrota en Segunda do Charol Complementos por 2-5 ante o Vincios.

Redacción Salnés