MEAÑO> Meaño consolida a súa renovada festa do viño cunha existosa segunda edición. Miles de persoas gozaron esta fin de semana na vila con música, gastronomía pero sobre todo viño. Entre os actos destaca o nomeamento do presentador Diego Losada como cabaleiro da festa, o artista cualificou o viño albariño de Meaño como unha apócema.
A festa do viño de Meaño celebrou esta fin de semana a súa XXII edición, pero a clave deste festexo chegou o pasado ano cando o concello decidiu renovar a festas. Cun novo formato que mestura viño, gastronomía e música, a celebración consolidouse neste 2023 e volveu a ser un éxito.
Os 21 estands amósanse encantados co novo formato.
Non só os adegueiros mostran a súa ledicia, se non tamén os visitantes que se achegan a gozar das festa do viño.
Dende a confraría de gastronomía e viño corazón do Salnés tamén poñen en valor a importancia deste festexo.
Dentro dos diferentes eventos destaca o desfile das autoridades e o nomeamento dos cabaleiros e damas de honra, entre eles, o pregoeiro Diego Losada.
En canto a nota musical, a festa correu a cargo de Broken Peach o venres, da Orquestra Marbella o sábado e da Oca Band o domingo.











