A área de Pontevedra e O Salnés prevé rematar a semana co 20% da súa poboación con algunha dose da vacina

PONTEVEDRA> A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés continúa esta semana coa vacinación masiva.  Entre hoxe e mañá mércores está previsto inxectar 5000 doses a persoas de entre 75 e 79 anos e, de xeito paralelo, comezar coa vacinación de pacientes inmunodeprimidos, como trasplantados e oncolóxicos. O obxectivo é despedir esta semana co 20% da poboación da área con alomenos unha dose da vacina.

A campaña de vacinación masiva continúa na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. Ata o día de onte, subministráranse ata 22.000 doses de AstraZéneca e Pfizer. Unha cifra que aumentará estes días: entre hoxe e mañá, está previsto administrar outras 5.000, 1.200 no pavillón de Fexdega, en Vilagarcía, e 3.800 no Recinto Feiral de Pontevedra. Desta volta, a convocatoria é para persoas de entre 75 e 79 anos.

Dende a xerencia preténdese acadar esta porcentaxe convocando novos colectivos para recibir a súa vacina. Tamén avanzando a bo ritmo na dos maiores de 80 anos nos centros de saúde.

Por iso dende as administracións faise un chamamento á poboación para que acudan ás convocatorias, confianzo na fiabilidade de todas as vacinas que se están a subministrar.

O alcalde de Pontevedra explicou que o concello ten liberado o Recinto Feiral ata o mes de xuño para acoller posibles novas convocatorias de vacinacións masivas. O obxectivo da área é que de cara ao verán estean vacinados todos os maiores de 60 anos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí