CATOIRA> Falece en Catoira un Garda Civil nun accidente de tráfico. O axente desprazábase asistir outro sinistro na AP – 9 cando a súa moto saíuse da estrada na EP – 8001 caendo na calzada. Os servizos de emerxencias desprazáronse ata o lugar do accidente pero non puideron facer nada por salvarlle a vida.
———-
A traxedia volve sacudir a vila de Catoira. Un novo accidente de tráfico sáldase cunha vítima mortal. O falecido é un garda civil de tráfico que se dirixía cara a AP – 9 para asistir outro sinistro. A súa moto saíse da calzada na EP – 8001 atravesando o carril contrario e caendo na beiravía.
As causas do accidente aínda se descoñecen, pero as primeiras pescudas sinalan a que puido deberse a un cegamento provocado polo sol.
Ata o lugar desprazáronse os servizos de emerxencias que nada puideron facer por salvarlle a vida.
O falecido tiña 51 anos, era natural de Ourense e residía en Poteareas. O lugar no que perdeu a vida, é un tramo que xa foi sometido a debate en varias ocasións pola súa perigosidade. Na estrada sucédense varias curvas e, segundo sinalan dende os servizos de emerxencias, xa se rexistraron varios accidentes.
De todos os sinistros que se deron ultimamente, este é o primeiro que se salda cunha vítima mortal. Dende as diferentes administracións así como dende a Garda Civil xa mostraron as súas condolencias aos familiares, compañeiros e amigos.