Pais piden o desdobramento da aula de tres anos do colexio Alfonso VII

    pais_caldascopy.jpgCALDAS> Os afectados consideran que esta é a opción máis viable para escolarizalos 9 nenos que quedaron sen praza dun total de 31.

    {flowplayer}images/salnes/protesta_pais_caldas.flv{/flowplayer}

    Fai dous días estes pais coñecían que das 31 solicitudes de praza para nenos de tres anos, 9 foran denegadas. Desde entón comezaron os contactos para pór solución ó problema e poder escolarizar á totalidade dos cativos.

     O que demandan é a creación dunha nova aula de infantil. Unha medida que, confesan, sería viable e que, ó tempo, melloraría a calidade educativa. E é que no centro xa hai unha aula valeira que estaría dispoñible para o vindeiro curso. O único que precisarían a maiores sería a contratación dun novo docente.

    Con todo, desde a Delegación de Educación en Pontevedra comunicáronlle onte que estudarían o caso. Pola contra, tanto a AMPA do centro coma a dirección do colexio e o concello mostráronlle todo o seu apoio.

    A única solución que lles quedaría a estes nenos sería desprazarse a outros centros de concellos limítrofes. Alternativa que moitos non poden afrontar xa que non dispoñen de transporte escolar coma no caso dos veciños da parroquia de Arcos.

    Polo momento, o vindeiro luns manterán unha xuntanza co representante do concello que asistirá á Comisión de Escolarización e da que agardan obter unha solución.

    Redacción Salnés