Meaño Independente solicita o pleno extraordinario sobre o polígono da Pedreira

MEAÑO> Meaño Independente solicita a convocatoria dun pleno extraordinario para debater a creación dunha comisión de investigación sobre a área industrial da Pedreira. A formación dera de prazo ata este mediodía ao goberno local para a creación deste órgano; opción que foi desbotada polo equipo de Carlos Viéitez. Agora, os independentes agardan contar con apoio do PSOE para investigar se existen irregularidades na área industrial.

A creación dunha comisión de investigación sobre a área industrial da Pedreira debaterase finalmente nun pleno extraordinario. Este mediodía rematou o prazo dado por Meaño Independente ao executivo para a constitución deste órgano e, ante a negativa do goberno local, a formación presentou a petición do pleno no rexistro.

A representación independente é suficiente para forzar a convocatoria da sesión extraordinaria, pero non para a creación da comisión. Por iso agardan contar co apoio do Partido Socialista para rematar co que consideran unha política de amiguismos.

O goberno de Carlos Viéitez xa manifestou a súa oposición á creación desta comisión. Si ofreceron a posibilidade de estudar a eliminación do vial previsto na modificación urbanística para zona industrial da Pedeira. Ago que non é suficiente para os independentes.

Segundo Aspérez, o obxectivo desta comisión sería potenciar, legalizar e reordenar a área industrial. Explicou que algunhas das empresas instaladas están nunha situación de alegalidade que se debe corrixir, para facer medrar o polígono.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí