A maioría dos cambadeses apostan pola peonalización de Fefiñáns

    peonalizacion_fefinanscopy.jpgCAMBADOS> Pola súa banda, moitos comerciantes consideran que, de levarse a cabo esta iniciativa, só prexudicaría ós seus negocios.

    {flowplayer}images/salnes/PEONALIZACION_PRAZA_FEFINANS.flv{/flowplayer}

    A raíz da nova campaña pro-peonalización da praza de Fefiñáns iniciada por varios veciños do municipio cambadés e apoiada máis tarde polo Bloque Nacionalista Galego, semella estar secundada tamén polos habitantes deste concello.

    A maioría deles considera que sería unha boa iniciativa para eliminar a circulación de vehículos por esta zona. Mesmo algúns consideran que beneficiaría ós comercios da zona.

    Pola contra, os comerciantes consideran que só sairían prexudicados se esta demanda veciñal se cumpre.  

    Algúns destes comerciantes sinalan, ademais, que non se pode valorar a posibilidade da peonalización mentres non haxa outra alternativa para o estacionamento de vehículos e instalen a sinalización necesaria.

    Outros engaden que a época con maior afluencia turística é só durante tres meses e que os cambadeses desexan ter comodidades ó longo de todo o ano.

     Cada día decenas de automóbiles fan uso deste espazo para carga e descarga ou para acceder ós negocios da zona.

    Redacción Salnés