Os roubos nas bateas sacan a relucir a falta de unidade no sector

    VILANOVA> Os bateeiros non gañan para disgustos este outono. Ó episodio da toxina que mantén pechados a gran parte dos polígonos súmase agora os roubos de mexillón. Tres productores arousáns veñen de denunciar ante a Garda Civil a substracción de case 26 toneladas de bivalvo. Os mercados, a toxina e agora os ladróns. As preocupacións para os bateeiros multiplícanse. Tres denuncias á Garda Civil por outros tantos roubos en bateas dos polígonos de Vilagarcía. Un productor de Vilanova foi o primeiro en dar a voz de alarma. Na madrugada do domingo ó luns desaparecéronlle 580 sacos, máis de 6.000 quilos de mexillón, que tiñan como destino Italia. Nesa mesma noite a víctima era un vilaxoanés ó que lle foi substraída unha cantidade moi similar. Tamén un productor de Rianxo víu como os amigos do alleo visitaban as súas bateas para levarse nada menos que 1.200 sacos, unha cantidade que lle supón uns 6.000 euros de perda. Non é complicado concluír que para substraer este producto é preciso ter unha determinada maquinaria. Polo que sábese que os culpables están dentro do sector. Os bateeiros piden que a Garda Civil e a Consellería de Mar incrementen a vixilancia para evitar que estes episodios se repitan. Con todo, o máis importante para Fernández Rey é recuperar a unidade dun sector con graves problemas internos. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/06/bateas600_061113.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/06/bateas_061113.mp4{/flowplayer}