Ó Fiscal Anticorrupción se a Xunta non adxudica xa Alfageme

    ANTICORRUPCION copia.jpg VILAGARCÍA> A CGT da de prazo ó Igape ata o luns 29, e planea unha nova mobilización o venres 2 de novembro.

    {flowplayer}images/salnes/CGT_ALFAGEME_261012.flv{/flowplayer}

    Traballadoras e CGT esgotaron xa a súa paciencia. Aseguran estar cansos da continua dilatación que está a sufrir a adxudicación de Alfageme por parte da Xunta. Hai unha semana, o pasado xoves, o Igape desestimaba o recurso presentado pola familia Lago ás bases do concurso para adquirir a conserveira e anunciaba a apertura de plicas. Segundo explica o sindicato, de acordo co compromiso avanzado o pasado mes de agosto polo entón conselleiro de Industria Javier Guerra, a resolución do concurso desde a apertura das ofertas realizaríase en cinco días. Pero cumprido, segundo eles, este prazo, desde o Igape comunícanlles que aínda se está estudando, e que non lles poden dar unha data exacta a resolución.

    Sindicato e traballadores vén cómo se esgota o prazo dunha semana dado polos administradores concursais ó Igape para resolver o concurso e vén cada vez máis próxima a subhastas das plantas de Ribadumia e Vilaxoán e da marca Miau. Por iso, ademais de recorrer á Fiscalía Anticorrupción se o luns non se adxucou Alfageme, planean retomar as mobilizacións o vindeiro venres 2 de novembro.

    Tamén desde o sindicato CIG volverán á carga, pero dan de prazo á Xunta ata o mércores. Se entón non se resolveu a adxudicación, as traballadoras da planta de Ribadumia manterán unha nova asemblea na que decidir as medidas a tomar.

    Redacción Salnés