Javier Guerra trata de motivar ós empresarios para que invirtan

    fotoguerracopia.jpg CAMBADOS> O conselleiro de economía e industria reuniuse esta tarde cos empresarios para falarlles das liñas de axuda ó investimento da Xunta.

    {flowplayer}images/salnes/ConselleiroIndustriaPoligonoCambados.flv{/flowplayer}

    Despois dunha reunión cos alcaldes dos municipios da zona, o conselleiro de economía e industria reuniuse cun grupo de empresarios do polígono industrial de Sete Pías, en Cambados.

    O obxectivo fundamental de Javier Guerra era transmitirlles ós empresarios a importancia de facer investimento nestes tempos de crise.

    Segundo o conselleiro a Xunta de Galicia está a promover liñas de axuda ó investimento coma nunca antes fixera un goberno autonómico e quixo explicarlles ós empresarios as condicións destos abais. Para Guerra este é o reflexo do apoio do goberno ós emprendedores.

    Para rematar Javier Guerra tamén quixo destacar que a súa consellería leva investidos na comarca do Salnés preto de 50 millóns de euros para dinamizar o tecido empresarial.

    Redaccion Salnés