![]()
PONTEVEDRA> O grupo atópase en concurso voluntario de acredores e os administradores poderían ter listo nun mes o informe sobre a viabilidade da empresa.
{flowplayer}images/salnes/icdr_maderas_atlantico.flv{/flowplayer}
Os administradores concursais de Maderas del Atlántico están a valorar nestes intres a viabilidade deste grupo de empresas situado en Caldas de Reis. O grupo, formado por catro firmas, atópase en concurso voluntario, polo que algúns traballadores xa foron despedidos e outros están afectados por un Expediente de Regulación de Emprego. A idea do administrador concursal da empresa Industrias de la Transformación de Maderas del Atlántico, Amadeo Redondo, é que dun cadro de 150 traballadores, o grupo chegue a ter como mínimo unha vintena de empregados. En función da carga de traballo iríanse chamando ós que xa foron despedidos.
O texto definitivo do informe que elaboran os adminsitradores concursais estará listo nun mes para que sexa o xulgado quen valore a continuidade do concurso. Total Disto falou esta mañá o administrador con Fernando Pérez, concelleiro de Independentes de Caldas de Reis, que se amosou interesado pola situación dos traballadores. Algúns dos despidos remóntase a máis dun ano e a maioría teñen pendente de cobro varias nóminas, amais das indemnizacións.
Redacción Salnés









