O enxeñeiro Horacio Fernández recibe o ‘Vinolvidable 2011’

vinolvidable copia.jpg PONTEVEDRA> A vinoteca Bagos, a adega de Luis Anxo Rodríguez, Algueira Pizarra 2007 e Novacaixagalicia completan os premios Magnum.

{flowplayer}images/salnes/GALA_VITIVINICOLA.flv{/flowplayer} 

Adegueiros, sumilleres, viticultores, bloggers, enólogos e máis profesionais do sector vinícola galego citáronse onte á noite no Restaurante Pepe Vieira para asistir á segunda edición dos Premios Magnum. Cinco galardóns cos que se recoñeza a labor dos colectivos e persoas que traballan pola promoción e calidade dos nosos viños. A entrega de distincións inaugurouna a Obra Social de Novacaixagalicia. Para eles foi o recoñecemento á mellor divulgación do viño galego, grazas ós cursos e actividades formativas que impulsas.

A viñoteca Bagos de Pontevedra fíxose co premio ó mellor tratamento de viños en sala e Luis Anxo Rodríguez obtivo o recoñecemento na categoría de mellor colección de viños. O título de mellor elaboración vinícola recaeu este ano no crianza Algueira Pizarra 2007, un mencía cen por cen madurado durante 10 meses en barrica da Denominación de Orixe Ribeira Sacra. Total Por último, o Vinolvidable 2011 foi para o enxeñeiro agrónomo Horacio Fernández Presa.

Os premios Magnum están organizados polo Instituto Galego do Viño e a compañía de viños María Fechoría & Asociados, coa colaboración da Deputación de Pontevedra, Turismo Rías Baixas e o Restaurante Pepe Vieira Camiño da Serpe.

Redacción Salnés