Oito alumnos do plan de emprego da Mancomunidade pasarán da teoría á práctica en asesorías do Sanlés

CAMBADOS> Oito mozos e mozas do Salnés recibirán formación en asesorías e xestorías da comarca, grazas a un convenio coa Mancomunidade. Os alumnos pertencen ao Módulo de Rexistro Contable, que terán a oportunidade de aprende-la profesión nun momento de moita carga de traballo por mor da pandemia.

O alumnado do Modulo de Rexistro Contable que organiza a Mancomunidade do Salnés terá a oportunidade de facer prácticas en asesorías e xestorías da  comarca. Esta mañá asinouse un convenio de colaboración entre o organismo que preside Marta Giráldez e catro establecementos da comarca.

A presidenta da Mancomunidade salienta a oportunidade que supón para o alumnado esta experiencia práctica. Máis aínda, nun momento no que xestorías e asesorías teñen unha gran carga de traballo, por mor das consecuencias da pandemia.

As firmas que participan na iniciativa, dinse satisfeitas de poder participar na formación destas mozas e mozo. Explican, ademais, que o alumnado terá ocasión de coñecer de primeira man as diversas tarefas do seu día a día.

O Modulo de Rexistro Contable conta en total 120 horas de formación: 90 de teoría e 30 de práctica.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí