VILAGARCIA> Vilagarcía viaxará no tempo coa celebración da 50 edición do Curtas Festival do Imaxinario. O evento centrará a edición deste ano nas producións que tratan sobre as viaxes no tempo. O eixo central do festival será a triloxía de Regreso ao Futuro contando incluso coa presencia do delorean.
O Curtas Festival do Imaxinario cumpre 50 anos e o celebrará dunha maneira especial, viaxando no tempo. A organización non inventou a máquina do tempo, pero si centrará esta edición nas viaxes temporais. Dado a importancia da cifra acadada, o festival presenta a súa edición máis ambiciosa.
A edición xirará en torno a triloxía de Regreso ao Futuro, de aí que non sexa casualidade que o Curtas se inicie este ano un 21 de outubro.
O festival estrea a categoría de evento de interese turístico da vila. Dende o concello destacan a importancia do Curtas para atraer a Vilagarcía a xente de diferentes zonas e de todas as idades.
No evento inclúense 8 exposicións e numerosas actividades e charlas con directores, actores, escritores e demais personalidades importantes dentro das producións.
O festival durará dende o 21 ata o 30 de outubro. A gala final terá lugar o día 29 e, ao igual que todo festival, incluirá numerosas sorpresas.