A mocidade cobra protagonismo na Semana Santa de Ribeira

RIBEIRA> Ribeira celebrará este ano unha Semana Santa con especial peso da xuventude. Entre as citas máis tradicionais destacan algunhas novidades como o vía crucis polas parroquias ou a Hora Santa Moza.

A celebración de Ramos o domingo 2 de abril coas bendicións no cruceiro de Santa Clara e no Monumento abrirán o programa de celebracións da Semana Santa ribeirense que este ano engloba ás parroquias de Santa Uxía, Artes, Olveira e Corrubedo.

Entre as principais procesións destaca a do Paso que terá lugar o xoves santo coa participación duns 80 cofrades.

O venres santo terá lugar no adro da igrexa o sermón do Encontro , a celebración do Paixón e o Desencravo e polas parroquias celebrase un vía cruces con saída dende Corrubedo.

A xornada do venres santo culminará coa procesión do Santo Enterro. A noite do sábado celebrarase a vixilia pascual para dar paso á Misa Solemne de Pascua no domingo de resurrección.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí