O restaurante máis antigo do mundo, premiado no marco da Festa do Marisco do Grove

O GROVE> O restaurante máis antigo do mundo, recoñecido co Premio Nacional de Gastronomia Tradicional Lola Torres. Chámase Casa Botín e está en Madrid. O fallo do galardón fíxose público hoxe, no marco da Festa do Marisco do Grove.  No acto, púxose en valor a cociña tradicional, como un xeito de enxalza-la calidade dos produtos.

O Premio Nacional de Gastronomia Tradicional Lola Torres, organizado pola Fundación Amigos de Galicia, recaeu este ano no restaurante madrileño “Casa Botín”, o máis antigo do mundo. A súa actividade mantense ininterrompida dende 1.725. A súa candidatura foi elixida entre 145 propostas españolas e internacionais. O xurado decantouse por este local porque é sinónimo de tradición gastronómica.

O fallo do xurado deuse a coñecer hoxe, no marco da Festa do Marisco do Grove. No acto, o alcalde meco aproveitou para reivindica-la necesidade de poñer en valor o auténtico porque, segundo explicou, é o que o público demanda.

O premio será entregado ó Restaurante Botín no vindeiro mes de abril.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí