Os ladróns entran roubar na igrexa de Dimo, en Catoira

CATOIRA>  Roubo na igrexa de Dimo, en Catoira. Desta volta, os ladróns levaron tres cálices e dous copóns, unhas pezas de gran valor economómico e artístico. Os ladróns accederon ó templo rebentando unha das súas portas. É a segunda vez que entrar roubar nesta igrexa: a anterior no mes de marzo.

Tres cálices e dous copóns. Ese é o botín co que es fixeron os ladróns que entraron roubar na igrexa de Dimo, en Catoira. As pezas subtraídas, son obxectos de moito valor, tanto económico como histórico-artístico.

A igrexa está situada moi preto das casas, nunha zona ben iluminada. Isto non foi impedimento para que os ladróns accederon ó interior do templo. Fixérono a través dunha porta, situada nun dos laterais da igrexa. Unha vez dentro, accederon á sancristía. Aínda que remexeron tódolos caixóns, os ladróns non levaron cartos, só esas pezas de prata que, despois, poderían tentar vender no mercado negro.

Ante isto, na parroquia cren que non se trata do mesmo ladrón ou ladróns que entraron no templo no pasado mes de marzo. Daquela, os cacos entraran na procura de cartos.

Este novo caso prodúcese unha semana despois de que os ladróns entrasen noutra igrexa, en concreto, na parroquial de San Xiao de Pontecesures. De alí, levaron tan só as moedas dos candelabros das candeas.