Vilanova contará con 20 prazas novas de educación infantil coa creación da gardería de Baión

VILANOVA> Vilanova contará con 20 novas prazas de educación infantil. A xunta e o concello crearán unha gardería en Baión para favorecer a conciliación dos pais e nais. O punto de atención infantil é moi demandado tralo incremento de traballadores e traballadoras no polígono industrial da zona. Ademais a consellería tamén construíu unha nova aula na escola infantil municipal da vila para mellorar  a atención aos máis pequenos.

Vilanova contará este ano con 20 prazas máis de educación infantil. Unha ampliación que se fará posible grazas á colaboración do concello e a Xunta de Galicia. A consellería de educación investirá 120 mil euros para crear un punto de atención infantil na contorna da escola de Baión.

Dende o concello sinalan que a gardería de Baión é moi necesaria debido ao crecemento que está tendo o polígono industrial, o que supón un aumento dos traballadores e traballadoras na zona. Este punto de atención infantil crearase nas escolas antigas de Baión, favorecendo á comodidade e á conciliación das familias.

Precisamente, para favorecer a conciliación, a Xunta tamén investiu outros 120 mil euros na creación dunha nova aula na escola infantil da vila.

Estas nova aula xa está dispoñible para o uso dos mestres e alumnos da escola infantil. No caso de Baión, o proxecto está nos últimos días de licitación, a previsión é que a gardería se remate durante o verán.