![]()
PONTEVEDRA> Esta mañá o Conselleiro de Industria presentou esta iniciativa froita dun convenio asinado co Consello Regulador.
{flowplayer}images/salnes/CONVENIO_CRDORB.flv{/flowplayer}
Este convenio nace co obxectivo de internacionalizalos caldos da Denominación de Orixe Rías Baixas en Estados Unidos.
O Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas comezou as exportacións dos seus brancos a Estados Unidos no ano 2005. Desde entón a venta dos viños da DO experimentaron un incremento paulatino.
Deste xeito, tal e coma explicou o Presidente do Consello Regulador, no ano 2004 venderon pouco máis de medio millón de litros fronte ós case dous millóns no 2010. Este éxito débese, en parte, tal e coma destacou Meiriño, á calidade do produto e ó seu carácter diferenciador.
Pola súa banda, o conselleiro de Economía e Industria sinalou que coa sinatura deste convenio para o período 2011-2013 tentarán optimizalos recursos deste sector do viño cunha gran capacidade competitiva. Para elo o IGAPE financiará o 55% do custo desta campaña que ascende ós preto de dous millóns de euros. Todo cun obxectivo de tentar incrementalas exportacións e a cota de mercado.
Cidades coma Nova York, San Francisco, Chicago ou Boston son algúns dos seus clientes potenciais.
Redacción Salnés









