O concello pon en marcha un servizo de reciclaxe de aceite doméstico

    reciclaxe copia100.jpgPOIO> Os veciños das cinco parroquias da localidade contan cun contedor no seu entorno onde depositar o aceite usado.

    {flowplayer}images/salnes/CAMPANA_RECICLAXE_POIO.flv{/flowplayer}

    Evitar a contaminación da auga e reducir a cantidade de aceite que chega á rede de saneamento, son os obxectivos da campaña de recollida de aceite doméstico usado que dende hoxe funciona en Poio. Unha iniciativa que dende o concello agardan sexa ben acollida polos veciños.

    A empresa reciclará o aceite usado recollido nos contedores, convertíndoo en biodiesel. Para que isto sexa posible, os veciños só precisarán dunha botella de plástico.

    A empresa realizará unha recollida semanal dos contedores repartidos polo municipio. Nun principio, o concello repartiu un total de cinco destes depósitos, un en cada parroquia: Casal de Ferreirós, en San Salvador, o recinto feiral da Seca, o paseo marítimo de Combarro, o entorno da praza Alfredo Romay de Samieira e as proximidades do parque infantil de Leopoldo Novo, en Raxó.

    Ademais da posta en marcha deste servizo, o concello iniciará unha campaña informativa desta iniciativa, que inclúe a instalación de paneis informativos e o reparto de folletos.

    Redacción Salnés