A concienciación; clave para reducir as agresións no ámbito sanitario

    agresionsambitosanitario.jpgBARBANZA> O día 23 de marzo conmemórase en toda España o Día contra as agresións no ámbito sanitario.

    {flowplayer}barbanza/violenciaambitosanitario.flv{/flowplayer}

    Os informes da Organización Mundial da Saúde e do Traballo alertan das consecuencias que está a ter nos últimos anos o incremento de nivel de esixencia dos pacientes que pode derivar en situacións de conflito. Berros, discusións e mesmo ameazas ós profesionais son cada vez máis frecuentes no ámbito sanitario.

    Sensibilización

    Precisamente con este obxectivo, o SERGAS puxo en marcha a campaña de prevención ‘Eu apúntome ó bo trato’ lembrando ós pacientes a necesidade de respectar ós profesionais e agardar o tempo para seren atendidos en aras dunha mellor calidade asistencial.

    Pero non basta coas campañas de sensibilización. Para garantir a seguridade dos médicos, enfermeiros e demais persoal, o SERGAS habilitou hai un ano en tódolos centros da rede pública galega un sistema informático de alarma. Así, calquera profesional que estea a ser obxecto dunha agresión pode alertar ós compañeiros do centro con tan só premer un botón.

    Ademais de todas estas medidas que garantan a seguridade no exercicio da profesión, dende o sector demandan unha maior implicación dos poderes públicos que pasaría pola promoción dunha percepción realista da sanidade pública e a imposición de sancións exemplares considerando este tipo de agresións como delito de atentado contra a autoridade pública.

    Redacción Barbanza