BOIRO> Ó redor de 450 ciclistas daranse cita na trixésimo cuarta edición do Ciclocross Concello de Boiro o próximo luns día 6. Dividiranse en cinco categorías que deberán completar diferentes distancias nin circuíto de 2500 metros.
O inicio da competición está previsto para as nove e media da mañá cando terá lugar a saída da primeira das cinco categorías que compoñen o calendario de probas dende cadetes ata master. Á espera do peche das inscricións xa están anotados ó redor de 450 competidores, procedentes non só de toda Galicia, senón tamén de Asturias, Cantabria e mesmo Portugal.
O circuíto, ademais de constituír un dos mellores e máis esixentes de Galicia, destaca pola súa beleza paisaxística poñendo en valor algúns espazos naturais do municipio.
A proba, que xa acada a súa trixésimo cuarta edición, está incluída no calendario de clasificación da federación galega e da copa de España de Ciclismo.