O desfalco da Cultural de Sanxenxo supera os 200.000 euros

    cultural_sanxenxocopy.jpgSANXENXO> Así o confirmaron membros da actual xunta directiva do club. Ó tempo presentaron a súa candidatura para as vindeiras eleccións.

    {flowplayer}images/salnes/ELECCIONS_CIRCULO_DEPORTIVO_SANXENXO.flv{/flowplayer}

    Hoxe membros da actual xunta directiva do Círculo Sociocultural de Sanxenxo foron contundentes á hora de falar das contas da entidade despois do desfalco que sufriron presuntamente por parte do expresidente.

    Ó parecer todo comezou cando se decidiron facer unhas obras nos vestiarios, no ximnasio e no local social. Ditos traballos comezaron en xullo, momento no que se produce, sinalan, a apropiación indebida dos fondos da entidade. Non foi ata novembro cando se deron conta da situación.

    O desfalco ascende ós 190.000 euros máis unhas facturas por patrocinio de 38.000 euros. O seu presidente sinalou, ademais, que desde un principio foron claros. Conta disto, di, foron as dúas xuntanzas que se mantiveron cos socios para informalos da situación pola que atravesa o club.

    Por iso, consideran que deben ser reelixidos nas vindeiras eleccións á xunta directiva. Engadiron que os pagos os afrontarán grazas a un acordo cos patrocinadores e a unha subvención pendente de 100.000 euros.

    Esta mañá tamén presentaron a súa candidatura na que informaron que, no caso de que saían elixidos, farán un consello consultivo formada por socios para que estean ó tanto da actividade diario da cultural.

    Polo momento, haberá que agardar ó vindeiro domingo para coñecer se a actual xunta directiva sae reelixa ou se pola contra acada a dirección a candidatura que xa foi presentada a semana pasada.

    Redacción Salnés