VILAGARCIA> Ana Granja abre a porta a negociar con calquera formación para poder liderar o goberno de Vilagarcía. A popular considera que os veciños falaron e que piden un cambio para a vila. Agarda que as outras formacións antepoñan os intereses dos vilagarciáns antes cos intereses ideolóxicos.
A xornada electoral rematou con sorpresa en Vilagarcía. O partido popular liderado por Ana Granja erixiuse como a forza máis votada na vila, despois de 8 anos de goberno do PSdeG, os catro últimos con maioría absoluta. A líder dos populares, a primeira muller que gaña unhas eleccións na vila, agradece o cariño da veciñanza e buscará agora os apoios necesarios para gobernar.
A pesar de que as outras formacións sexan de esquerdas, Ana Granja dialogará e escoitará a todos os partidos para que, segundo considera, Vilagarcía teña o cambio que votou nas urnas.
Os populares agardan chegar a acordos con outras formacións en puntos nos que consideran que todos deberían estar de acordo, como coidar e potenciar o rural, mellorar os parques infantís ou dinamizar a burocracia para favorecer o asentamento de empresas. Precisamente, o rural foi o que apoio en maior medida á candidata popular.
Todo apunta a que as forzas de esquerda chegarán a entendemento e liderará o Partido Socialistas. De ser así, Ana Granja considera que as outras formacións deberían explicar porqué non lle dan o cambio a Vilagarcía que a xente solicitou nas urnas.