O Porto de Vilagarcía acada o ascenso a División de Honra

SALNÉS> O equipo Porto de Vilagarcía, pertencente ó Club Xadrez Fontecarmoa ven de acadar o seu ascenso a División de Honra. Un feito histórico xa que nunca un equipo tan xoven acadou un logro semellante.

O Club Xadrez Fontecarmoa Porto de Vilagarcía xa é equipo de División de Honra logo de impoñerse na décima xornada ligueira ó Bueu, por 2,5 a 1,5. O xoven conxunto vilagarcián, composto por Lucas Abal, Luis Segura, Andrés Varela e Julio Torrado non deu opción ó seu rival e se levou unha victoria que supón o ascenso de categoría. Todo un logro para este conxunto de xogadores xóvenes que están a facer historia no xadrez galego. Os seus nove triunfos en dez partidos dan mostra da súa superioridade nunha liga na que non tiveron rival.

En Primeira B, o Casa da Xuventude non tivo tanta sorte e caeu ante o Karpov Amateur, por 1,5 a 2,5, pero mantense en metade de táboa.

En Segunda, o McDonalds venceu por 1-3 ó Isolani de Santiago, unha victoria que lles permite afastarse dos postos de descenso e afundir ó seu rival. Peor fóronlle as cousas ó Deportes Rodas está virtualmente descendido logo de caer ante un rival directo comno o Albatros por 1-3.

No grupo E da Segunda o Baños Print venceu con autoridade, 4-0 e colócase terceiro na táboa, a un paso dos postos de ascenso. O mesmo resultado pero en contra recibíu o Sold Out, que aínda así non ve perigar a súa permanencia na categoría.

Na Terceira División o Fontecarmoa acadou tres ascensos: La Marina, Restaurante A Pedra e o Valdumia serán equipos de Segunda o ano que ven, o que certifica a gran temporada que está a realizar o club con tódolos seus equipos.

Redacción Salnés