Vilagarcía incorporará tres novos axentes á Policía Local antes do verán de 2016

    VILAGARCÍA> Máis Policía Local para Vilagarcía. O alcalde anunciou que xa traballan para incorporar tres axentes máis para o vindeiro ano. Segundo Alberto Varela, a intención é que os novos efectivos comecen a traballar xa de cara o verán, atendendo a unha demanda dos veciños que piden máis presenza policial nas rúas.

    No 2016, a Policía Local de Vilagarcía contará con tres novos axentes. O concello xa traballa para incrementar a plantilla do corpo antes do vindeiro verán, superando así os 40 efectivos.

    Deste xeito, o concello busca complementar os servizos da Policía Nacional de Vilagarcía que, segundo os sindicatos, conta con escasos efectivos para cubrir as necesidades da vila. Porén, na reunión da Xunta Local de Seguridade do pasado venres, o subdelegado do goberno quitou importancia a estas carencias.

    Outra tarefa que ten sobre a mesa Varela é a aprobación dos orzamentos para o 2016. O documento irá ao último pleno do ano, previsto para o día 30. O alcalde defendeu a proposta feita polo goberno, e explicou por que decidiron desbotar todas as alegacións de Esquerda Unida.

    Tamén respondeu á solicitude do Partido Popular para que os grupos estiveran presentes na mesa de negociación do persoal do concello. Nunha resolución, o alcalde desbotou esta posibilidade, por considerar que se trata dunha competencia do goberno. Na reunión que hoxe celebrou a mesa estiveron presentes representantes do executivo e dos traballadores, que acordaron retomar a relación de postos de traballo, paralizada nos últimos catro anos. Ademais, programaron un novo encontro para o venres, tras facer algúns axustes técnicos ao documento de presuposto xeral.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/16/varela_asuntos_varios.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/16/varela_asuntos_varios.mp4{/flowplayer}