A Xunta anima ós pais e nais a falar galego cos bebés

    axouxeres_web copia.jpg SANTIAGO> Política Lingüística impulsa o cartafol ‘Xeración dos Axóuxeres‘, con recursos para introducir o galego na comunicación desde os primeiros días.

    {flowplayer}images/salnes/axouxeres1.flv{/flowplayer}

    A Xunta anima ós pais e nais a introducir o galego na comunicación cos fillos desde os primeiros momentos. Nanas coma esta recóllense no cartafol Xeración dos Axóuxeres, unha iniciativa da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pensada para as mulleres e as súas parellas durante o derradeiro tramo do embarazo. O responsable de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, indicou que con este cartafol preténdese que as familias transmitan o galego e se animen a cantarlles ou xogar cos seus nenos na lingua de Galicia. música Neste cartafol Xeración dos Axóuxeres recompílanse materiais divulgativos, como o disco ‘No colo da fala’, producido por Xabier Díaz e Guille Fernandez, unha tarxeta onde anotar os momentos especiais vividos durante o embarazo, e un repertorio de recitados e de xogos de iniciación. Tamén inclúe unha escolma de nomes en galego, un adhesivo para o coche e un babeiro co lema comer e falar todo é empezar.

    A secretaría xeral distribúe 10.000 exemplares para tódalas embarazadas que estean no terceiro trimestre de xestación, que poderán solicitalo á súa matrona. Ademais, na web Xunta.es habilitouse o espazo lingua galega xeración axóuxeres onde se pode acceder ós materiais do cartafol. E tamén no espazo lingua galega constrúe os axóuxeres connosco os proxenitores poderán compartir experiencias. A secretaria xeral continúa ademais co programa Os Axóuxeres, dirixida a bebés de 0 a 3 anos e ás súas familias, co obxectivo de promover a incorporación do galego á comunicación cos meniños.

    Redacción Salnés