RIBADUMIA> A realidade virtual mixta incorpórase á formación do programa integrado de emprego da Mancomunidade do Salnés. É unha modalidade que mestura elementos da realidade aumentada coa realidade virtual, permitindo a interacción simultánea dos obxectos dixitais co mundo físico.
Trátase dunha ferramenta que xa se está a empregar en sectores como o da decoración e que tamén ten as súas utilidades na proba de produtos, en tarefas de mantemento e reparación ou no deseño e prototipado de produtos.
Esta modalidade incorpórase a un dos cursos do plan de emprego do organismo comarcal no que tamén se introduciu a impresión 3D multicor, o que permite a creación dos prototipos en múltiples tons.
Neste obradoiro, que forma parte da 12º edición do plan de emprego, participaron 8 alumnos, formándose nun total de 80 horas. Nestes momentos, ademais, estase levando a cabo o proceso de selección de 100 novos candidatos para partiriipar na nova edición que está a piques de comezar.











