Un percorrido visual pola memoria de A Illa

libro_illa copia.jpg A ILLA> ‘A Illa de Arousa, un percorrido no tempo’ recolle fotografías e textos publicados por Teófilo Edicións e a Deputación de Pontevedra.

{flowplayer}images/salnes/libro_illa.flv{/flowplayer}

Os veciños da Illa contan desde onte cun libro co que manter viva a memoria visual desde municipio. Baixo o título A Illa de Arousa, un percorrido no tempo, recóllense fotografías e textos que dan conta de como era a localidade no seu pasado recente. O libro foi presentado onte á noite polo presidente da Deputación de Pontevedra e polo coeditor José Luís Teófilo.

A través deste libro tamén se pode coñecer como eran as xentes de A Illa e as labores que desempeñaban. Un pobo concienciado, como resaltou José Luís Teófilo.

A presentación do libro fíxose na lonxa da Illa e ó remate do acto entregouse a cada asistente un exemplar, coa intención de que a publicación chegue a cada fogar do municipio. Total O libro foi editado por Teófilo Edicións e pola Deputación de Pontevedra, e forma parte da colección A provincia en imaxes.

Redacción Salnés