MEIS> O 8M, día Interncional da Muller, celebrarase de novo en Meis cunha andaina Solidaria. Nesta terceira edición farán o percorrido da ruta da Pedra e a Auga, de algo máis de 9 quilómetros. As inscricións xa están abertas e todo o recadado irá para a Asociación Española contra o Cancro.
O Concello de Meis volve apostar por unha andaina solidaria para conmemora-lo 8M, o Día Internacional da Muller. A cita nesta terceira edición terá lugar o domingo 10 de marzo, percorrendo a ruta da Pedra e a Auga, de algo máis de 9 quilómetros.
A ruta arrancará ás 10 e media da mañá, podendo participar nela 250 persoas. O prazo de inscrición xa está aberto. Todo o recadado irá para a Asociación Española contra o Cancro.
A reserva de prazas xa se pode facer na web municipal por tres euros por persoa.