‘Lectoriño’ volve para promover a lectura entre os máis pequenos

    LECTORINO copia100.jpgVILAGARCÍA> Monicreques, obras de teatro, música ou maxia son algunhas das actividades que forman parte deste programa.

    {flowplayer}images/salnes/PTACION_LECTORINO.flv{/flowplayer}

    Entre o sete e o nove de abril, o Auditorio de Vilagarcía converterase na sede da lectura para os máis cativos da comarca coincidindo no mes coa celebración do día Internacional do Libro Infantil e do Día do Libro. O programa de actividades deseñado para esta nova edición acolle desde exposicións, monicreques e títeres pasando pola música, a literatura ata a maxia. Todo por un mesmo obxectivo.

    O Centro de Filosofía será o encargado de ambientalo espazo para atraer ó maior número de participantes. O primeiro día, a actuación central virá da man da Banda de Música Municipal por segundo ano consecutivo. Nesta ocasión interpretarán O Quixote, Bob Esponxa, a Vela e a Besta ou As Crónicas de Narnia.

    Pola súa banda, en Cambados, a Biblioteca Municipal tamén ten programado diferentes actividades para conmemorar o Día do Libro. Baixo o lema ‘Abril…libros mil’ a casa Fraga acollerá sesións de animación á lectura, contacontos, presentación de libros ou obradoiros para os máis cativos. Poderán atopar máis información sobre horarios e datas na biblioteca.

    Redacción Salnés