Mar reforzará a promoción da oferta náutica galega a nivel internacional

    BARBANZA> Galicia promocionará a súa oferta náutica en seis feiras internacionais ó longo deste 2017. A Consellería do Mar, en colaboración con turtismo de Galicia, lidera esta estratexia conxunta de promoción na que se engloban non só os portos de titularidade autonómcia senón tamén estatal. Galicia segue a apostar forte pola náutica recreativa como un dos principais polos de atracción de visitantes. A Consellería do mar traballa na captación de novos clientes procedentes de Europa a través dunha estratexia conxunta de promoción que implica tanto ós portos autonómicos como os de titularidade estatal. As accións deste plan teñen por obxectivo duplicar a presenza da representación náutica galega nos distintos eventos internacionais ó longo deste ano. A través de Portos de Galicia e en coordinación con turismo de Galicia coordinará a participación dos xestores náuticos nos diferentes salóns e feiras para dar a coñecer a oferta de servizos e instalacións da comunidade. As principais citas nesta 2017 terán lugar na cidade irlandesa de Cork, en Lisboa e Porto, nos salóns de París e Na Rochelle, na localidade alemana de Dusseldorf e na feira de Southampton en Reino Unido. Este plan foi consensuado cos responsables das principais instalacións náutico recreativas galegas tras presentar os grandes resultados da promoción internacional nos últimos anos nos que se ten rexistrado un incremento dos tránsitos nos portos galegos dun trinta por cento.