Súper nais e súper avoas

    mulleres_traballadoras_ribaudmiua copia.jpg RIBADUMIA> O concello rendeu homenaxe a seis veciñas do municipio polos anos de sacrificio e dedicación ó coidado da casa e do campo.

    {flowplayer}images/salnes/homenaxe_mulleres_ribadumia.flv{/flowplayer}

    Seis mulleres, súper nais e súper avoas, foron homenaxeadas onte en Ribadumia. O Concello decidiu dedicarlles o Día da Muller Traballadora para recoñecer a súa traxectoria e o seu esforzo por conciliar vida laboral e persoal.

    A combinación do traballo na casa e no campo, as ansias de superación e a vitalidade, son denominadores comúns nestas seis homenaxeadas. Victoria de Lois, Rosa de Leiro, Josefa de Ribadumia, Eleonor de Besomaño, Carmen de Barrantes e Laura de Sisán, todas, foron e seguen sendo os motores das súas familias.

    Este é o primeiro ano no que Concello de Ribadumia salienta a traxectoria das súas veciñas, pero a idea é que cada ano se destaque a labor doutras mulleres do municipio.

    Redacción Salnés