‘Queremos Galego´advirte a Feijóo que a loita continúa

    queremos_galego_copia100.jpgVILAGARCÍA> A Plataforma mostrouse moi satisfeita co número de participantes que asistiron á manifestación do pasado día 21.

    {flowplayer}images/salnes/QUEREMOS_GALEGO.flv{/flowplayer}

     Un verdadeiro éxito. Así definiron os membros da Plataforma Queremos Galego a manifestación do pasado xoves. Os membros agradeceron a asistencia das máis de 50.000 persoas que abarrotaron a praza do Obradoiro para protestar polo decreto do galego que ten preparada a Xunta de Galicia.

     Segundo os membros da plataforma, denuncian que con este decretazo estase a perxudicar a ensinanza: fracaso escolar e loitas internas nos colexios no momento de asignar as horas lectivas.

     Dende Queremos Galego afirman que xa é hora de que Núñez Feijóo escoite a resposta social en contra da súa política lingüística. Engaden que é necesario volta ó decreto do 2004 firmado por todos os partidos políticos, incluído o PP.

    Sinalan que en caso, de seguir adiante co decretazo, haberán máis manifestacións. Polo momento, os responsables da plataforma comezaron unha campaña de alegacións.

    A Plataforma criticou o tratamento informativo da TVG sobre a manifestación, definíindoo como partidista.

     Redacción Salnés