Valga inaugura un Belén que inclúe os incendios, a guerra de Ucraína e o enterro da raíña Isabel II

VALGA> A asociación de amigos do Belén de Valga abre as portas do seu tradicional nacemento. O decorado que mestura pezas tradicionais con temas actuais, destaca este ano por temáticas como os incendios, o enterro da raíña Isabel segunda e a guerra de ucraína.

Como cada nadal, a asociación de amigos do Belén de Valga inaugurou a súa representación do nacemento. Un decorado dos máis destacados da nosa contorna que mestura pezas tradicionais con temáticas actuais.

Entre as novidades destaca especialmente a recreación do falecemento da Raíña Isabel segunda. A construción desta sección levou máis de dous meses.

O belén repite este ano temáticas como o covid, como homenaxe a unha loita que advirten que aínda estase a vivir, e engade outras novas como as Tanxugueiras ou o alcalde de Vigo bailando e xirando na nora. Esta figura está ao lado da representación de Valga, co concello, a comida dos vellos e unha actuación da Bella Otero. Tampouco falta a homenaxe aos que xa non están. Os 33 creadores que participan neste Belén séntense moi orgullosos.

O gran traballo destas persoas consegue que o Belén de Valga sexa visitado por miles de persoas.

O belén de Valga tamén conta este ano cunha asociación de México á que se lle dedica unha parte. A recreación conta con centos de pezas e detalles difíciles de mostrar e explicar nunha noticia. O mellor para gozar deste trabalo é visitalo na rúa nova do concello de Valga.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí